SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2452117 Subvecións para a elaboración de estudos técnicos relativos á xestión e prevención de residuos municipais

Procedemento en prazo de presentación.

Desde o ano 2015 a Deputación de Pontevedra desenvolve un plan de residuos municipais baseado na compostaxe denominado Revitaliza.

Unha vez avanzada a implantación do Revitaliza, a Deputación de Pontevedra, consciente da necesidade que os concellos dispoñan dos instrumentos técnicos precisos para determinar as directrices na xestión e prevención dos residuos municipais, cun contido mínimo que permita ter unha radiografía o máis fidedigna posible da situación actual e que contemple unha proposta de actuación nesta materia, articula a presente liña de subvencións destinada a financiar a elaboración de estudos técnicos relativos á xestión e prevención

Deste xeito, unha vez avanzada a implantación do Revitaliza e co fin de avanzar na mellora da xestión dos residuos municipais, convócase esta liña de axudas ás entidades locais da provincia destinada a financiar a redacción dos seguintes documentos relacionados entre si:

  • Estudo técnico de xestión e prevención de residuos municipais, co contido mínimo recollido no anexo I destas bases, e no que se integre un estudo económico da solución ou solucións propostas que sirva de base para a futura ordenanza fiscal.
  • Documento relativo á adaptación da ordenanza-modelo de xestión de residuos redactada polo Revitaliza ás condicións de cada un dos concellos e ás solucións do estudo técnico de xestión e prevención de residuos
  • Documento relativo á adaptación da ordenanza-modelo fiscal redactada polo Revitaliza ás condicións de cada un dos concellos e ás solucións do estudo técnico de xestión e prevención de residuos.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Asistencia Intermunicipal

Prazos para o seu inicio e finalización: Desde o 20 de outubro de 2021 ata o 1 de decembro de 2021.

Poderán participar nesta convocatoria as entidades locais da provincia de Pontevedra que teñan un censo de poboación inferior aos 50.000 habitantes, tanto individualmente coma agrupados, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estatística referida aos últimos datos publicados, e que no momento de finalización do prazo de presentación de instancias estean adheridos ao Revitaliza da Deputación de Pontevedra segundo o protocolo publicado no BOPPO núm. 199, de 18 de outubro de 2016, adhesión que se pode facer simultaneamente con esta convocatoria.

Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades locais nas que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións ás que fai referencia a lexislación vixente en materia de subvencións.

As entidades interesadas en participar nesta convocatoria deberán achegar, xunto coa solicitude de participación, a seguinte documentación:
  • Acordo de aprobación da solicitude por parte do órgano municipal competente da entidade local
  • Certificación do acordo de adhesión ao Revitaliza da entidade local, no caso de nova adhesión
Así mesmo, e para os efectos da valoración das solicitudes, será obrigatorio achegar a seguinte documentación:
  • Copia do contrato/nomeamento do persoal especializado con funcións na xestión dos residuos no que se poida verificar a categoría do persoal e a duración do contrato. O contrato/nomeamento deberá estar en vigor no momento no que se conceda a subvención. Documento no que se indique que o persoal especializado se ocupa fundamentalmente de traballos relativos á xestión do lixo (excluirase o persoal de contratas de lixo, servizos de recollida, limpeza viaria etc.)
  • Datos (do último ano dispoñible) de V, P/C e EE. LL. recollidos selectivamente e datos de “resto” entregados a SOGAMA nese mesmo ano.
Así mesmo, as agrupacións de concellos que se constitúan para optar a estas axudas presentarán os seguintes documentos:
  • Acordo de aprobación da solicitude de cada un dos concellos da agrupación
  • Convenio de colaboración interadministrativa
  • Declaración do concello de que vai recibir o importe da axuda e de que deberá presentar a documentación para o pagamento e a xustificación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa aplicable:
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación (BOPPO 30/12/2016)
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local