O art. 31.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, establece que "cada Administración Pública determinará, atendendo ao ámbito territorial no que exerce as súas competencias o titular daquela e ao calendario previsto no artigo 30.7, os días que se considerarán inhábiles para os efectos previstos neste artigo. Este será o único calendario de días inhábiles que se aplicará a efectos do cómputo de prazos nos rexistros electrónicos, sen que resulte de aplicación aos mesmos o disposto no artigo 30.6".
Considéranse inhábiles, para os efectos do cómputo de prazos, os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais.
Para o 2022, na Comunidade Autónoma de Galicia, son os que figuran no artigo 1 do Decreto 97/2021, do 10 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2022 e na columna "Galicia" do anexo da Resolución do 14 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2022:
Adicionalmente, terán a consideración de inhábil para os efectos do art. art. 31.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, os seguintes días festivos locais da cidade de Pontevedra: