Cl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos. O seu obxectivo principal é que esta se poida identificar ante a Administración mediante claves concertadas (usuario mais contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e), sen ter que recordar claves diferentes para acceder aos distintos servizos.
Para usar o sistema só hai que obter previamente a credencial electrónica de identificación mediante algún dos procedementos previstos.
Para isto, é necesario rexistrarse no sistema, ben de forma presencial nalgunha das oficinas de rexistro adheridas ao sistema, ben por Internet, cun certificado electrónico recoñecido.
Pódese obter máis información premendo no seguinte enlace: